Ir o contido principal
01

Verduras e hortalizas da Á a Z:

Soia

Soia :: Como elixilas e conservalas

Como elixilas e conservalas

A soia debe estar sa, libre de insectos e sen outros restos de colleita. No punto de venda teñen que estar situadas en lugares frescos, secos e a salvo da luz solar directa. O legume seco consérvase en óptimas condicións até 12 meses despois da súa recolección e envasado.

É un alimento polivalente do que se obtén gran variedade de produtos. Exponse as particularidades na conservación dos produtos máis perecedoiros.

Os brotes de soia germinada véndense tanto en conserva como en alimento de cuarta gama, envasado en atmosfera protectora e cunha data de caducidade temperá. Gardaranse no frigorífico e respectarase a súa data de caducidade.

O tofu ou callado de soia adóitase atopar na sección de refrigerados de tendas especializadas. Véndese envasado. Pódese adquirir tofu elaborado a partir de sementes orgánicas, así como variedades afumadas ou marinadas. Consérvase na neveira varios días e non pode conxelarse. Unha vez aberto o envase, o contido débese cubrir diariamente con auga fresca e consumir en poucos días.

O tempeh débese conservar na neveira. Unha vez aberto o paquete convén consumilo en poucos días e si se pode conxelar.

O miso comercialízase en frascos ou paquetes de polietileno e consérvase durante meses se se garda na neveira.

Respecto da gran variedade de salsas de soia, convén comprar unha boa marca libre de potenciadores de sabor e colorantes. Nunha despensa fresca as salsas poden durar meses, e unha vez aberto o recipiente consérvanse na neveira unhas semanas.