Os cereais e derivados / Coñezamos os cereais e os seus derivados

Tipos e usos dos cereais na alimentación humana
Segundo os resultados de estatísticas da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), a produción e o consumo de cereais no mundo sufriu un progresivo aumento nas últimas décadas. Por importancia de produción, o trigo ocupa o primeiro posto, seguido do arroz, a cebada, o millo, o centeo, o mijo e o sorgo.
Cada continente ten o seu cereal predominante. O arroz é o alimento básico dos pobos asiáticos; o millo impera no continente americano; o sorgo e o mijo en África, e o trigo é a cereal base dos pobos europeos.
Os alimentos xerados polos cereais constitúen aínda a principal fonte de enerxía e nutrientes para unha ampla maioría da poboación mundial. Os cereais achegan até o 80% da enerxía requirida na dieta dos países menos industrializados e, polo menos, o 25% nos máis industrializados. O trigo e os seus derivados proporcionan tres cuartas partes desta cantidade de enerxía. En Europa, os cereais fornecen ao redor do 30% das calorías necesarias nunha dieta equilibrada, e aproximadamente o 40-45% das proteínas requiridas.
Como comemos os cereais?
| Enteiro | Papillas | Pan fermentado | Pan e ácimo | Cervexa bebidas | Snacks e almorzos | Almidón e glicosa | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Trigo | x | x | x | x | x | x | x |
| Centeo |
| x | x |
| x |
|
|
| Arroz | x | x |
|
| x | x |
|
| Millo | x | x |
| x | x | x | x |
| Sorgo |
| x | x | x | x |
|
|
| Mijo perlado |
| x |
| x | x |
|
|
| Mijo pequeno |
| x |
| x | x |
|
|
| Avena |
| x |
| x | x | x |
|
| Cebada | x | x |
| x | x |
|
|
| Teff (cereal procedente de Etiopía, non contén gluten) |
|
| x |
|
|
|
|
| Pseudocereales: quinua... | x | x |
|
| x |
|
|
Fonte: Dendy, D., Dobraszczyk, B. (2003). Cereais e produtos derivados. Química e tecnoloxía. Zaragoza. Acribia. | |||||||
