Ir o contido principal
03

Os cereais e derivados / Coñezamos os cereais e os seus derivados

Coñezamos os cereais e os seus derivados :: Criterios de calidade na compra

Criterios de calidade na compra

Cada produto que chega ao mercado debe cumprir unhas condicións lexisladas e específicas que definen a súa calidade. Estas especificacións atópanse na Lexislación alimentaria. Código alimentario español e disposicións complementarias que definen cada produto e as condicións que debe cumprir no mercado.

En liñas xerais, para comprar cereais en gran envasados e sen procesar como o arroz, a avena, o trigo, etc. o consumidor debe recoñecer e valorar o aspecto xeral do gran, forma e tamaño, o seu grao de limpeza, asegurándose que os grans non teñen motas, brechas ou están escuros ou partidos.

Con este fin, a industria encárgase de facer unha selección previa dos grans e produtos como o arroz, por exemplo, que se presentan en tres categorías distintas: Extra, Primeira e Segunda.