Verduras e hortalizas da Á a Z:
Avena

Calendario de tempada
Historia e orixe
A avena é unha planta herbácea anual da familia das Gramíneas, que crece en áreas tépedas e que en comparación con outros cereais tamén se desenvolve en áreas de meseta húmidas. A avena crece por todas as rexións de clima tépedo do hemisferio norte e sur. Introduciuse en Europa procedente de Asia Menor e foi considerada durante anos como unha mala herba que crecía entre as colleitas de cebada e de trigo. Os cambios climáticos que sucederon fai 3.000 anos supuxeron unhas condicións moi desfavorables no Norte e Oeste de Europa, o que non afectou á avena, que puido tolerar estes cambios mellor que o resto de cereais. Foi unha planta utilizada tanto para alimentación animal como para alimentación humana. Existen indicios arqueolóxicos deste uso tanto da época romana como da Idade Media, aínda que os restos máis antigos atopados localízanse en Europa Central e están datados da Idade do Bronce (IV milenio a.C.).
No século XVIII, a fariña de avena tanto en América como en Europa se considerou como un produto dietético e vendíase nas farmacias, recomendándose o seu uso para mareos e estados de debilidade. A partir do establecemento das grandes compañías cerealistas, a súa fariña comezouse a vender como alimento en tendas polo miúdo. Os cambios agrarios, industriais e sociais iniciados no século XVIII e continuados no século XIX conduciron a cambios graduais na dieta humana, de modo que o trigo substituíu en parte á avena e outros cereais, e o descenso continúa nestes momentos.
Actualmente o maior produtor mundial é Rusia, co 40% da área cultivada e o 25% do gran producido. A produción mundial de avena excede os 30 millóns de toneladas, e ocupa o quinto lugar na produción total de cereais. É o cereal de inverno de maior importancia nos climas fríos do hemisferio norte. Outros importantes produtores europeos son Alemaña (5%), Polonia (5%), Finlandia (4%) e Suecia (3%). En España, segundo os datos do ano 2006 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), dedicáronse 453.277 hectáreas ao cultivo desta gramínea.
