Ir o contido principal
01

Verduras e hortalizas da Á a Z:

Pasta

Pasta :: Como elixilas e conservalas

Como elixilas e conservalas

As pastas alimenticias véndense obrigatoriamente envasadas. Os pesos netos dos envases están normalizados e só poden ser de 250 gramos ou 500 e dun quilo e medio ou 1 quilo. Pódense atopar envasadas por unidades aquelas pastas en que se xustifique este envase polas súas dimensións e características, por exemplo a pasta de canelones ou a lasaña.

Todas as pastas alimenticias deben ter a superficie uniforme, sen gretas. A cor tamén ten que ser uniforme, máis ou menos amarelado, excepto nas pastas compostas, nas que se modificou a cor porque levan ovo, espinacas, tomate, etc. As dimensións deben ser homoxéneas, sen deformacións nin pezas rotas. Non teñen que conter impurezas nin presentar marcas de insectos. Un método para pescudar si a pasta está en boas condicións é romper unha peza e ver si as dúas superficies polas que se rompeu quedan lisas e sen deformacións

Na etiqueta ten que aparecer a denominación do produto, é dicir, a clase de pasta que contén o envase. Si é de calidade superior tamén se indica. Para as pastas con gluten é necesario que se informe da porcentaxe de proteínas (mínimo do 20%). Tamén ten que constar a relación de ingredientes por orde decrecente de proporcións en caso de pastas compostas, o peso neto ou as unidades, a indicación de consumo preferente ou da data de caducidade nas pastas frescas. A expresión “conservación en frío” no caso destas últimas é un dato obrigatorio. Por último, o nome ou razón social do fabricante ou envasador e a indicación do lote de fabricación.

Ao tratarse dun produto seco, non necesita dunhas condicións estritas de conservación para manterse en bo estado durante meses. Abonda con que se garden nun recipiente pecho e protexido da humidade, evitando que crezan mohos que alteren a súa vida útil. As pastas frescas si que se deben gardar na neveira sempre, aínda que estea pechado o envase. Tamén se atopa a pasta conxelada como ingrediente de pratos precociñados. Para conservala é importante non romper a cadea de frío e metela no conxelador rapidamente para que non se altere a súa calidade nutritiva, gastronómica e sanitaria.