Verduras e hortalizas da Á a Z:
Garavanzo

Calendario de tempada
Como elixilos e conservalos
Os distintos usos que ten o garavanzo dependen da zona de cultivo. En España véndense cocidos, tostados, a remollo, envasados e secos. Estes últimos adóitanse vender envasados cun peso determinado ou a granel. É importante comprobar que estean enteiros e sans, sen cheiros estraños e co tamaño e a cor uniformes.
Os garavanzos secos consérvanse moito tempo nun lugar fresco, seco e protexido da luz, pero pasados oito meses, tenden a perder cor e propiedades nutricionais, aínda que o seu sabor non se ve afectado. Unha vez cociñados mantéñense en boas condicións no frigorífico durante tres días se se gardan nun recipiente hermético. Pódense conxelar unha vez cocidos durante meses. Débense descongelar deixando o recipiente no frigorífico, ou pode facerse no microondas ou ao baño maría.
A fariña de garavanzo adoita estar dispoñible en tendas de comida étnica. Convén asegurarse de que foi confeccionada con garavanzos cocidos e non crus. Neste último caso, o contido de sustancias antinutritivas é maior e o risco de sufrir trastornos gastrointestinais tamén.
