Verduras e hortalizas da Á a Z:
Sorgo e Mijo

Calendario de tempada
O sorgo
O sorgo que se coñece deriva dunha clase silvestre da subespecie verticilliflorum, que procede do África nororiental. Parece que o sorgo desprazouse por África oriental desde Etiopía ao redor do ano 200 d.C. Levárono a África oriental e austral os bantúes, que empregaban o gran principalmente para facer cervexa. Do África oriental viaxou a India, transportado en barcos, xa que se sabe que durante un tres mil anos houbo tráfico de embarcacións cargadas deste cereal a través de rutas que pasaban polo sur de Arabia. A súa difusión ao longo da costa do sueste asiático e China puido haberse dado ao redor do inicio da Era cristiá, aínda que tamén é posible que o sorgo chegase antes a China a través das rutas do comercio da seda.
Sábese que este cereal chegou a América Latina a través do comercio de escravos e por obra de navegantes que facían a ruta comercial Europa-África-América Latina no século XVI. De todos os xeitos, o seu cultivo non chegou a adquirir importancia até o século XX. Na actualidade, Nixeria e Sudán son os principais produtores de sorgo de África, pero o sorgo está moi estendido por todo o continente, onde é considerado un alimento básico esencial. A maior parte da produción consómese no seo das explotacións familiares que o cultivan, e só unha pequena proporción da colleita destínase ao mercado.
