Verduras e hortalizas da Á a Z:
Batata

Calendario de tempada
Receitas
Pastel de batatas

Ingredientes
Elaboración
Cocer as batatas sen pelar en auga fervendo sen sal. Pór en remollo en ron as uvas pasas sen pebidas. Cando están cocidas as batatas, pelalas e pasalas por un pasapurés até formar unha masa fina.
Incorporar a esta pasta, traballándoa vigorosamente, o azucre e a cucharada de fariña.
Alixeirar a composición cun pouco de leite, e engadir logo 3 ovos, un a un, e finalmente a xema doutro ovo. No último momento montar a piques de neve a clara que quedou e incorporar á pasta para que esta resulte lisa e lixeira.
Agregar as uvas pasas e verter a pasta nun molde de coroa untado con manteiga.
Pór o molde nun recipiente de baño de maría, deixar que empece a ebulición sobre o lume, e logo introducir no forno a 200 graos e deixar que coza uns 40 minutos.
Baleirar o molde sobre unha rejilla, deixar que arrefríe e servir cunha crema de leite doce.
