03
Os cereais e derivados / O pracer para comer cereais

Introdución
Os cereais forman parte de miles de pratos de todo o mundo: paellas, lasañas, tortitas, enchiladas, misoshirus (sopa de miso típica xaponesa), cuscús…
Pódense consumir en forma de grans enteiros, desmenuzados ou de maneira autónoma, como o xerme. Tamén se procesan en forma de copos e se trituran para elaborar a valiosa fariña. As súas diferentes presentacións supoñen un valor engadido á súa diversidade na cociña, xa que tamén se poden utilizar como ingredientes secundarios en multitude de receitas (salsas, cremas, croquetas, sobremesas, bizcochos…).
