Ir o contido principal
02

Os legumes / Nenos e legumes: como lograr que as coman

Nenos e legumes: como lograr que as coman :: Os legumes: cando e como

Os legumes: cando e como

Antes do tres anos:

O aparello dixestivo do pequeno está preparado para dixerir e asimilar os legumes a partir do primeiro ano de idade. Convén comezar con pequenas cantidades (15-20 gramos -peso en cru-, medio puñado) e ofrecelas en forma de puré mesturadas con hortalizas para suavizar o forte sabor. Ao consumilas como primeiro prato, cóbrense en primeiro lugar as necesidades enerxéticas e así as proteínas do alimento poden cumprir a súa función de formar tecidos e favorecer o crecemento

A partir do tres anos:

A cantidade da ración aumenta a uns 40- 50 gramos en cru (1 puñado) e xa se pode tomar a semente enteira e mesturada con verduras, pataca ou arroz, pois así resultan máis nutritivas e fáciles de dixerir. É recomendable que a frecuencia de consumo sexa de dúas veces á semana como mínimo.

En adolescentes:

Recoméndase tomar un primeiro prato de lentellas, fabas, garavanzos… como mínimo dúas veces por semana, e outras dúas en forma de legumes frescos, como guarnición de carnes ou peixes. A ración recomendada é similar á da persoa adulta, uns 60-80 gramos en cru, que equivale a uns 2-3 cazos do legume cocido.